/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ #EcoVenres: fin de campaña | Concello de Mondariz Balneario

Agosto chega ao seu fin, e co inicio de curso pechamos a campaña “Ecovenres” que desenvolvimos durante este verán na web e nas redes.

Con esta idea, o Concello de Mondariz Balneario pretendeu achegarse a algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á Axenda2030. Agardamos telo conseguido! Sobre todo, agardamos que a nosa veciñanza e as persoas que nos visitan tomaran conciencia da importancia da implicación individual no coidado da natureza que nos rodea.

Para poñer punto final á campaña, aquí tedes unha recopilación de todas as publicacións que realizamos ao longo deste tempo. Gardádeas para telas de man sempre que dubidedes que facer con ese refugallo ou como reducir os vosos consumos! Contamos convosco para seguir facendo de Mondariz Balneario o lugar onde a natureza cura os males, tal e como foi dende o principio: acolledor, sano, limpo e sostible.