A Axenda 2030 e os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) son a folla de ruta a seguir polo Concello de Mondariz Balneario. Estamos comprometidos para tratar de conservar e usar eficientemente os recursos, lograr unha sociedade máis inclusiva, loitar contra a desigualdade, implantar unha mobilidade sostible e configurar institucións sólidas, democráticas, eficientes e transparentes.

Esta sección na páxina web e nas redes sociais denominada #Ecovenres persegue os seguintes obxectivos:

ods 12 consumo responsableods13-accion-climatica

  • De aquí a 2030, asegurar que se teña a información e os coñecementos pertinentes para o desenvolvemento sostible e os estilos de vida en harmonía coa natureza.
  • Mellorar a educación, a sensibilización e a capacidade humana e institucional respecto da mitigación do cambio climático, a adaptación a el, a redución dos seus efectos e a alerta temperá.

É urxente combater o cambio climático e os seus efectos, nas nosas mans tamén está adoptar as medidas necesarias para afrontar responsabilidades e facilitar un futuro próspero, solidario e compatible coa seguridade climática e os límites do planeta. Así como promover a xestión sostible e o uso eficiente dos recursos naturais, reducir a xeración de residuos e o desperdicio de alimentos, e fomentar a xestión ecoloxicamente racional dos produtos químicos.

Animámosvos a que vos unades e compartades as vosas ideas, accións, suxestión…

A %d blogueros les gusta esto: