Un ano máis o Apalpador vai percorrer os concellos da provincia co seu acordeonista Servando Barreiro e o seu burro Río Lor grazas ao departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra e o programa ‘Nadal en Galego’. A visita ao noso concello terá lugar o vindeiro 21 de decembro ás 19.00 horas, saíndo desde os soportais do concello e percorrendo as rúas ate os xardíns do Gran Hotel. En caso de choiva, esta actividade realizarase na sala de cultura.