Patrimonio

Edificios históricos

  • O Gran Hotel xurdiu da necesidade de satisfacer a enorme demanda de hospedaxe a finais da década dos anos 80 do século XIX. Nestas datas os irmáns Peinador xa construíran unha casa de baños. No 1893 colócase a primeira pedra do hotel. Este edificio foi deseñado por Xenaro de la Fonte e a súa construción non se remata ata o ano 1898. O edificio dividíase en tres corpos con disposición en E, destacando no seu interior unha grandiosa escaleira tipo imperial. Estaba decorado con sedas da casa Liberty e lúas de Pereantón de Madrid.

  • O manancial da Gándara. Foi redescuberto no 1872 por Sabino Enrique Peinador. Esta fonte sufriu varias reformas para o seu acondicionamento.

Para darlle unha aparencia acorde co luxoso aspecto do Gran Hotel realizouse unha remodelación no espazo da fonte. Este proxecto encargóuselle a os Sres. Palacios e Otamendi no que destacaban dúas partes claramente diferenciadas; unha destinada á fábrica de embotellado e outra para tomar as augas. A Fonte da Gándara será o símbolo do balneario desde aquela, converténdose nun lugar de culto á saúde.

  • A Varanda. Foi realizada por Antonio Palacios e concluíse no 1915. Este edificio forma parte actualmente do Balneario de Mondariz.

  • O Sanatorio. Iniciáronse as obras no 1909 e nunca se remataron. A idea de D.Sabino Enrique era construír un edificio que servise para cubrir as necesidades sanitarias dos visitantes a través da auga, dotándoo de sistemas de hidroterapia. Os deseños foron realizados por Antonio Palacios. Actualmente este edificio pertence ao Balneario de Mondariz.

Xardíns e bosque do Gran Hotel

Na parte traseira do Gran Hotel atopámonos uns xardíns de estilo francés onde poderemos gozar dun agradable paseo e visitar un precioso invernadoiro recentemente restaurado. No bosque atópase a capela do balneario na honra da Virxe do Carme, patroa das augas. A beira da capela poderemos observar restos románicos de templos procedentes da comarca.

Invernadoiro do Gran Hotel: Coñecido como «estufa de multiplicación». Os xardíns e o invernadoiro son un símbolo de luxo e elegancia desde tempos do II Imperio francés. Aparece por primeira vez nos planos de 1900, mais non é ata 1920 cando a «estufa de multiplicación» é substituída por un invernadoiro, unha construción de ferro e granito situada á beira do regato de Valdecide, de planta rectangular duns 120 m2

Paseo de Troncoso

  • Fonte de Troncoso. Foi redescuberta por D. Domingo Blanco Lage en 1862. O párroco mandou realizar obras de acondicionamento do manancial. Posteriormente, mantense un largo litixio entre la familia Peinador e o Concello de Mondariz pola propiedade e a explotación da Fonte de Troncoso. Rematando a resolución do conflito a favor dos Peinador, será nese momento cando se realizan reformas na fonte.

 

Barrio de San Pedro

  • Área recreativa de San Pedro. Bañado polo río Xabriña atoparemos este fermoso e tranquilo espazo natural onde se atopa o alcumado coma “Dolmen das Tres Cruces”, lugar de rezo na peregrinación ao Santuario da Franqueira.

  • Capela de San Pedro. Datada no S.XIII sufriu múltiples reformas no S.XIX.