A Fundación Empresa-Universidad Galega (FEUGA) lanza Teujob, o portal galego de emprego para persoas tituladas universitarias e de formación profesional.

Trátase dun novo servizo que pretende facilitar a incorporación ao mercado de traballo da mocidade poñendo en contacto a aspirantes e empresas que buscan persoal cunha formación específica. O portal arrinca con preto de 1.000 candidatos que penduraron cadanseus perfís neste servizo ao que se pode acceder de forma sinxela a través da dirección https://www.teujob.es