A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano a Mondariz-Balneario a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para a cativada, que foi galardoado co premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor.
Artigos recentes
- BASES E CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL NA CATEGORÍA PROFESIONAL DE TÉCNICO/A SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE MONDARIZ BALNEARIO
- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO NO MARCO DA LIÑA 2 DO PLAN CONCELLOS, CON DESTINO AO FINANCIAMENTO DA ACTUACIÓN “GASTOS CORRENTES DO CONCELLO”
- Subvención para “Melloras dos xardíns do Gran Hotel”. Plan Concellos 2022-23 Liña 2.
- Prevención de riscos laborais
- Subvencións a asociacións xuvenís