/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Teatro e maxia: ‘Don Gelati’, o vindeiro sábado 16 de xullo | Concello de Mondariz Balneario

Espectáculo de teatro e maxia de rúa, onde Dani García representa o papel dun vendedor de xeados “Don Gelati” ao que lle ocorren continuos infortunios co seu carriño de xeados e aos que deberá pórlles remedio antes de que os xeados se derretan. Trátase dun espectáculo no que se require a participación activa do público para que o vendedor de xeados saia do apuro.

Trátase dunha actividade pensada pra un público de tódalas idades, cunha escenografía moi vistosa e atractiva que deixará con moi bo sabor de boca a todas as persoas asistentes.