O Concello de Mondariz Balneario recibiu da Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención dentro da Liña 1, Investimento do Plan Concellos 2022 para:

“Traballos de revisión, actualización e dixitalización do inventario de bens municipais”

  • Obxecto: O Concello de Mondariz Balneario dispón dun inventario municipal de bens (IMB) en papel, sen actualizar as súas bases de datos, que non dispón dun parcelario coa cartografía actualizada e ortofotos dixitais.

O Inventario de bens municipais é un documento de obrigada creación para tódalas entidades Locais.

Ademais dun inventario completo, subministrarase unha aplicación informática que previa dixitalización e gravación de tódolos epígrafes permita ou manexo e tratamento informático do inventario e que posibilita a actualización periódica por medios propios.

Por outra banda, realizarase un proxecto X.I.S, en software libre (plataforma QGIS), que incorporará diversas capas shape, e que ademais estará enlazado co programa do inventario non referente ao ligazón coa cartografía.

  • Importe concedido: 16.819,00 €