O Concello de Mondariz Balneario recibiu da Xunta de Galicia as axudas para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal para o curso 2022/23.

A Consellería de Política Social e Xuventude resolveu:

  1. A concesión dunha axuda pola liña 1 por importe de 34.363,64 € para gastos de mantemento da escola infantil 0-3 /PAI desagregada da seguinte maneira:
    • A axuda correspondente a anualidade 2022, ascende a 21.000,00 €.
    • A axuda correspondente a anualidade 2023, ascende a 13.363,64 €.

 

  1. A concesión dunha axuda pola liña 2 por importe de 31.029,04 € para a gratuidade da atención educativa na escola infantil 0-3/PAI desagregada da seguinte maneira:
    • A axuda correspondente aos meses de Xaneiro a Xullo/Agosto do 2022, ascende a 6.621,00 €.
    • A axuda correspondente aos meses de Setembro a Decembro do 2022, ascende a 8.875,65 €.
    • A axuda correspondente aos meses de Xaneiro a Xullo do 2023, ascende a 15.532,39 €.