O Concello de Mondariz Balneario realizou unha auditoría da rede de abastecemento de auga encamiñada á elaboración dun Plan de Actuación para minimizar as perdas de auga no municipio, financiada mediante a subvención de Augas de Galicia aprobada por RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga.

  • Importe concedido: 5.940,41€

En base a esta auditoría, detectáronse unhas perdas de auga na rede do 34,74%, polo que se aprobou un Plan de Actuacións para paliar as mesmas.