“Moi Hospitalaria Vila” de Mondariz-Balneario é un destino excelente para vivir unha experiencia centrada no relax termal. Este minúsculo concello de 2,4 km2, o máis pequeno de España, concentra múltiples marabillas patrimoniais, históricas e naturais, e un rico anecdotario arredor da cultura balnearia. Aquí recuperamos os ecos da Belle Époque e os anos dourados do termalismo a finais do XIX e principios do XX, cando Mondariz era un referente obrigado de luxo e grandiosidade.

A %d blogueros les gusta esto: