O Río Tea

Nace no monte Mancelo, na Fraga (Covelo)  na Serra do Suído e percorre o noso municipio, formando parte da Rede Natura 2000….

Serve tamén coma límite fronteirizo natural, entre o municipio de Mondariz e Covelo, Mondariz Balneario e Ponteareas, e entre este e Salvaterra de Miño, ó tempo que nos seus 50 Km de percorrido forma numerosas praias fluviais idóneas para o baño.

Este río destaca o seu paso por Mondariz Balneario pola pureza natural das súas augas, carentes de contaminación ambiental, pola abundante riqueza piscícola, e pola beleza paisaxística dos seus contornos, feito este que levou a súa inclusión dentro do espacio da Rede Natura 2000, promovido pola Xunta de Galicia.

Praia fluvial

 Praia fluvial de Mondariz Balneario.