/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Programa “Tornar ás táboas” | Concello de Mondariz Balneario

O vindeiro 12 de novembro ao remate do magosto, ás 22.00 horas, realizaremos a segunda edición do programa “Tornar ás táboas” programa pertencente á Deputación de Pontevedra, que este ano trae ao noso concello a Isabel Risco co espectáculo “Bravas”, que nos ofrece a súa particular visión das mulleres galegas, mulleres sen medo, mulleres rebeldes, valentes e inconformistas. Realizarase na sala de cultura do concello.

Actividade de balde con cabida limitada ao número de localidades do que dispón o espazo no que se vai a realizar. Non se reservan localidades.