A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2023 e en www.edu.xunta.es/fp

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.

Data: As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2023.

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as ppersoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D

Data: As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2023.