O vindeiro 9 de decembro ás 18.00 horas na sala de cultura, Santiago Ferragud fará a presentación da súa novela “Todo chega desde o mar”, unha engaiolante pescuda na memoria viguesa dos acontecementos que marcaron a esta cidade desde moi distintos puntos de vista. Tratase do primeiro traballo novelístico de Ferragud, un autor vinculado sempre á música desde que no 1965 fundou Los Temples ata que no 2010 creou Xardín Desordenado, unha banda que elabora melodías a obras de poetas de Galicia. ‘Todo chega desde o mar’ está publicada por Medulia Editorial.

A entrada  é libre ata completar a cabida do espazo.

cartelA4.pdf