/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Pedro Brandariz-“O musical”, o 25 de xullo ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel | Concello de Mondariz Balneario

Pedro Brandariz-“O musical”. 25 de xullo ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel. En caso de chuvia a actividade trasladarase á Sala de Cultura do concello. Entrada libre ate completar a capacidade do espazo habilitado. Espectáculo para todos os públicos. Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia.

Resumo do espectáculo:

Espectáculo de rúa onde a interacción co público é continua e permanente (a interacción co público realizase seguindo todos os protocolos de hixiene e seguridade establecidas pola actual situación sanitaria).

Todo está preparado para a interpretación dun “gran musical” levado a cabo por Pedro Brandariz, pero comezan a suceder unha serie de feitos inesperados que levarán a “gran cita” ó traste.  Durante a función aparecen diferentes personaxes que provocan unha manchea de situacións cómicas e hilarantes.

A %d blogueros les gusta esto: