/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Os Contos de Pablísimo chegan a Mondariz Balneario con “O arquivo do Chibo”. | Concello de Mondariz Balneario

Este xoves 21 de outubro as rapazas e rapaces da nosa Vila teñen un plan feito á súa medida!

Chega á Mondariz Balneario o espectáculo “O arquivo do Chibo”, de Os Contos de Pablísimo (Pablo Sánchez). Agardámoste!

Lugar: Sala de Cultura do Concello.
Hora: 18:00
Duración: 40 minutos

SINOPSE
“Hai quen conta ovellas para durmir…eu conto chibos”. 
O Arquivo do Chibo e unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Ollaremos nos Arquivos do chibo e atoparemos cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de viñetas para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras…e moita moita cachifallada.

Actividade pertencente ao programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

 

A %d blogueros les gusta esto: