Oficina de información xuvenil

De martes a venres: de 16:00 a 21:00 | Sábado: de 9:00 a 14:00
Constitución 1, Mondariz Balneario -36890.Pontevedra
Correo electrónico: oix@mondarizbalneario.es

HORARIO E DATOS DE CONTACTO DA OMIX

Oficina de información xuvenil de Mondariz Balneario

A Oficina de Información Xuvenil (OIX) é o servizo que no concello de Mondariz Balneario trata de informar, asistir e axudar en todos aqueles campos que teñan relación cós mozos, a súa formación, o seu ocio e os seus intereses…

Atópase na planta baixa do edificio do concello, onde se poden consultar as distintas publicacións xuvenís que se reciben na oficina, ademais de consultar a información exposta no taboleiro de anuncios.

 

Servizos que ofrece

  • Información sobre temas de interese para os mozos e mozas e promoción xuvenil en calquera tipo de actividade.

  • Asesoramento e información sobre temas educativos: orientación e ciclos formativos, probas de acceso, cursos, congresos, tramitación de bolsas de estudo, etc.

  • Promoción do asociacionismo xuvenil.

  • Información sobre temas de actualidade: actividades de ocio e tempo libre ( albergues, campamentos, sendeirismo…) e programas da Dirección Xeral de Xuventude, actividades culturais, etc.