O Concello de Mondariz Balneario

 

O pobo de Mondariz Balneario constituíuse en Concello o 30 de novembro de 1924, ostentando dende entonces o titulo de “Moi Hospitalaria Vila”, concedido
por Alfonso XIII e o Xeral Primo de Rivera, en agradecemento o bo trato que os veciños lle deparaban nas súas frecuentes visitas a Vila.

Alcaldía

Na sesión de constitución da corporación de data 15 de xuño de 2019 resultou elixido alcalde do concello José Antonio Lorenzo Rodriguez, cabeza de lista da candidatura presentada polo Partido Popular.

.

Composición do Pleno do Concello

 

 

 

José Antonio Lorenzo Rodríguez,alcalde (PP)
Carlos Abril Candeira (PP)
Enrique Avendaño Otero (PP)
Ruth González Gómez (PP)

Cesar Gil Bernardez (BNG)
Mauro Chivite Alcalde (BNG)
María Marta Gómez Táboas (BNG)

 

As sesións ordinarias do Pleno teñen lugar o último xoves hábil dos meses pares, ás 09:00 horas, no salón de actos da Casa do Concello.
Sempre que a actualidade do concello así o requira, celebraranse sesións extraordinarias.

Composición da Xunta de Goberno Local

 

A Xunta de Goberno Local é un dos órganos executivos do Concello. Foi nomeada por Resolución da Alcaldía de 28 de xuño de 2019.

Está presidida polo alcalde, José Antonio Lorenzo Rodríguez, e intégrana ademais dous Concelleiros: Carlos Abril Candeira, primeiro tenente de alcalde, e Ruth González Gómez, segundo tenente de alcalde.

A Xunta de Goberno Local reúnese en sesión ordinaria o primeiro e terceiro mércores de cada mes, ás 13:00 horas, e en sesión extraordinaria, cando os acontecementos así o esixan.