/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ O alumnado do CEIP Nosa Señora de Lourdes participou no minuto de silencio polo 25N e realizou unha visita guiada pola vila | Concello de Mondariz Balneario

25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Un minuto de silencio polas vítimas. O alumnado do CEIP Nosa Señora de Lourdes participou no minuto de silencio e realizou unha visita guiada pola vila aprendendo a historia de Mondariz Balneario con perspectiva de xénero. A igualdade como prevención. Unha actividade na que o Concello de Mondariz Balneario conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

A %d blogueros les gusta esto: