/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Mostra Gastronómica “As receitas de Doña Emilia” | Concello de Mondariz Balneario

Co gallo do aniversario da morte de Emilia pardo Bazán, o Concello de Mondariz-Balneario e os restaurantes participantes temos o pracer de presentar unha iniciativa sen precedentes: a Mostra Gastronómica “As receitas de Doña Emilia” relacionada cos textos de receitas que a nosa escritora deixou recollidos na célebre obra “La cocina española antigua”.

Este evento desenvolverase entre o venres 26 de novembro e o 30 de xaneiro de 2021. 

Contamos coa participación dos restaurantes O Regato de Valdecide, Simoneta&Co e Restaurante Atalaya, que terán ao voso dispor uns menús especiais, que poderán ir variando segundo os produtos de tempada dispoñibles.

  • Menús: todos os menús constarán de entrante, prato principal, sobremesa, café e auga de Mondariz. A maridaxe de viño non está incluida.
  • Prezo: 35€ (prezo fixo en todos os locais participantes).

Déixate namorar polos sabores, cheiros e texturas das que tanto disfrutaba a nosa Emilia, cun plus de innovación e creatividade a cargo de grandes profesionais!