/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Mondariz-Balneario xa soa a Nadal !! | Concello de Mondariz Balneario

Comezamos a programación deste mes de decembro cunha contacontos, “Os contos de nadal” onde a nósa veciña Eva achegarase o vindeiro 16 de decembro ás 17.30h  até a biblioteca a entreter á cativada de 5 a 12 anos coa súa contada tradicional. Recordade que deberedes incribir ás crianzas mediante un correo electrónico a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es  indicando nome e apelidos, idade e teléfono de contacto. Tamén o podedes facer presencialmente na biblioteca no seu horario habitual. O prazo para inscribirse remate o vindeiro 14 de decembro.

O 18 de decembro ás 19.00 h, teremos con nós a Nelson Quinteiro producións co musical do nadal “Trasnos de nadal”, un espectáculo de teatro e danza para público familiar, cheo de coreografías, clown, maxia e moitas outras cousas…Esta actividade pertencente ao programa Tornar ás táboas da Deputación de Pontevedra. Acceso libre até completar a cabida.

A %d blogueros les gusta esto: