/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ O Mago Teto presenta “Alquimia” o 1 de agosto nos xardíns do Gran Hotel, ás 20:00 | Concello de Mondariz Balneario

Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón: ¡a felicidade! A do público e do propio mago e así lograr a súa “Gran Obra”. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.

En caso de chuvia a actividade trasladarase á Sala de Cultura do Concello. Entrada libre ate completar a capacidade do espazo habilitado. Espectáculo de maxia para todos os públicos. Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia.