A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2022, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de xuño de 2022.

Solicitudes: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.
Máis información no 
DOG do 12 de maio de 2022 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove