RECURSOS

Infantil, primaria e mocidade

Un conto contra a violencia de Xénero

Este venres ás 12.30 horas, presentaremos o noso conto contra a violencia de xénero ao alumnado e profesorado do CEIP Mondariz Balneario xunto a todas as persoas que queiran asistir. Mostramos o noso rexeitamento contra a violencia de xénero.

                                                                          Descargar libro

O amor romántico

¿E se nos queremos sen morrer de amor?
O amor romántico é unha construción social que parte dun vínculo afectivo entre dúas persoas, tratase dunha concepción tradicional do que debería de ser o amor. Así pois, pode estar cheo de ingredientes nocivos para a saúde:
• Desigualdades e roles de xénero. Exemplo: muller nai que deixa o seu traballo para coidar aos fillos ou fillas e que cociña e limpa mentres a súa parella ve a televisión.
• Dependencia emocional. Exemplo: ter ansiedade cando tarda bastante tempo en contestar a unha mensaxe.
• Violencia. O amor romántico incluso mitifica a violencia de xénero o entendela como un crime pasional que ten como causa os celos ou a irá, así a muller pasa a ser a culpable do seu propio asasinato. Exemplo: algo tivo que facer ela para que el tivera que facer iso.

                                                                              Ver texto completo

O apego

O apego é un vínculo afectivo que se establece desde os primeiros momentos de vida pola procura de coidados, seguridade, protección e benestar. A forma en que creamos eses vínculos e a resposta que temos a esas necesidades marcan o tipo de apego que se desenvolve. O estilo de crianza é un dos factores que máis inflúe no apego, xa que ambos afectan a nivel cognitivo, emocional e social.
Sabes cal é o teu estilo de crianza? Existen catro estilos como podedes observar a continuación:
• Estilo autoritario: moita autoridade, pouca dispoñibilidade e pouco afecto. Polo xeral son pais ou nais que impoñen moitas regras e castigan cando non se cumpren.
• Estilo permisivo: poucos límites e alta dispoñibilidade. Pais ou nais que sempre din que si aos caprichos dos seus fillos ou fillas, denomínanse “helicóptero” porque é como se sobrevoaran por cerca para ir cubrindo todos os seus antollos.
• Estilo democrático: alto control e alta dispoñibilidade. Son os pais ou nais que teñen regras pero dan explicacións dos motivos das súas actuacións
• Estilo neglixente: sen control e con baixo afecto. Son pais ou nais que non están dispoñibles, non mostran afecto.

                                                                              Ver texto completo

Machismo na música

Somos o que escoitamos. Breve introdución ao machismo musical das nosas vidas.
A Real Academia Española define o machismo como unha actitude de prepotencia dos homes respecto ás mulleres. Prácticas, comportamentos e ditos que resultan ofensivos. As letras de moitas das cancións que escoitamos son un exemplo de isto.
Escoitamos música dende que nacemos, a través de nanas, cancións para aprender as partes do corpo ou incluso unha nova lingua. As letras delas forman parte do noso día, recordamos con elas instantes concretos da nosa vida e sen ser conscientes forman parte da nosa socialización.
Crecemos oíndo como Don Federico matou a súa muller, fíxoa picadillo e a púxoa a remover como outro home se quere casar con unha señoriña da capital que saiba coser, bordar e abrir a porta e o capitán dun barco inglés ten unha muller en cada porto. É mentres escoitamos isto o noso inconsciente crea unha imaxe de como debería de ser o trato entre homes e mulleres.

                                                                              Ver texto completo

Familias e persoas adultas

Construir un mundo igualitario a través do conto: día da Muller : 8 de Marzo de 2020.

Realizado polo Concello de Mondariz Balneario coa colaboración do Ministerio de Igualdade e da Consellería de emprego e igualdade.

– Pautas para escoller contos que potencien identidades de xénero igualitarias. 0:41
– Sexo/Xénero 0:47
– Como se constrúe a condición de ser home ou muller. Os axentes de socialización.2:08
– Por que é tan importante a literatura infantil.4:05
– Os contos clásicos como axente de socialización primaria. 9:28
– Como podemos saber cando un conto é coeducativo? 11:20
– A linguaxe. Ten un valora simbólico importantísimo que é necesario ter en conta na transmisión de historia se relatos. 11:31
– As ilustración. Que os personaxes femininos e masculinos están bastante equilibradas, tanto no ámbito doméstico como externos ao fogar. Evitar imaxes tópicas que representan sempre aos homes como fortes, competitivos e activos, e ás mulleres, como débiles e pasivas. 12:40
– Os contidos. A proposta é romper cos modelos tradicionalmente feminizados e masculinizados, de tal maneira que, podamos ler contos que falen por exemplo do traballo doméstico ou dos coidados con figuras asociadas a imaxes masculinas; e igualmente se falamos de ámbitos políticos ou de decisión, ámbito científicos, ámbitos do público buscar contos nos que as historias teñan como protagonistas a mulleres ocupando eses postos de responsabilidade.14:25
– Arturo e Clementina de Adela Turin e Nella Bosnia.16:10
– Rosa Caramelo de Adela Turin e Nella Bosnia.18:49
– Oliver Button es una nena de Tomie dePaola.20:10
– Me llamo Pecas de Raquel Díaz Reguera.21:28
– Con Tango son tres de Justin Richardson e Peter Parnell 23:00
– O año que é un porquiño de Pim Lammers e Milja Praagman.23:52

Teléfono

 986656136

Dirección

 Concello de Mondariz Balneario