/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Homenaxe en redes sociais a Emilia Pardo Bazán, no centenario do seu falecemento | Concello de Mondariz Balneario

Grandes figuras da literatura como Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro forman parte da memoria cultural de Mondariz Balneario.

Nun tempo e nunha sociedade na que a figura da muller era irrelevante, Enrique Peinador (alma mater do emporio empresarial vinculado á auga de Mondariz) era, ademáis dun gran empresario, un home culto e adiantado ao seu tempo que apostou por normalizar e recoñecer a contribución da muller na cultura e na sociedade daqueles anos.

Un busto de Emilia Pardo Bazán (que escribiu máis de trinta textos, recopilados pola profesora e investigadora Patricia Carballal, onde se resaltaba o esplendor do balneario nas postrimerías do século XIX e nos primeiros anos do XX), realizado polo escultor Lorenzo Coullaut Varela, presidía a Biblioteca Principal do Gran Hotel xunto cos de outras tres escritoras ilustres: Juana de Vega Martínez, Concepción Arenal e Rosalía de Castro.

Emilia Pardo Bazán sempre amosou a súa paixón por o termalismo. Ao longo da súa vida, Emilia visitou moitos establecementos termais por toda Europa. Podemos afirmar que, polas súas visitas asiduas e polas súas publicacións, había un balneario que tiña un lugar privilexiado no corazón de Emilia: o Balneario de Mondariz. Numerosos contos da autora teñen coma trasfondo a Vila termal de Mondariz.

Para homenaxear o centenario do seu falecemento publicaremos periódicamente no Facebook de Turismo de Monzariz Balneario algunhas das súas citas relacionadas coa nosa Vila.

Esta é a primeira da serie:

“Hará cosa de trece o catorce años, cuando por primera vez trepé a la barbacana del feudal torreón, no existía en Mondariz establecimiento balneario, ni venían en romería al Vichy gallego gentes de alto copete, hombres de Estado, generales, infantes de Portugal y reinas morganáticas. Solo algunos portugueses de clase media, y tal cual hijo de Galicia que conocían las maravillosas virtudes de los manantiales de Gándara y Troncoso, se arriesgaban a internarse en estas montañas…”

Emilia pardo Bazán ,”En el castillo de Sobroso” (El Imparcial, 03/10/1887)

A %d blogueros les gusta esto: