/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Espectáculo de maxia con Leo Leíño: mércores 15 de xuño ás 19:00 | Concello de Mondariz Balneario

O vindeiro 15 de xuño ás 19.00 horas teremos con nós á maga Leo Leíño na sala de cultura do concello de Mondariz Balneario.

Neste ano Santo Xacobeo Leo Leiño, da man da primeira peregrina, Egeria, nos leva cara a Santiago , seguindo as instrucións do Codice Calixtino e “peregrinando” atraverso de trucos sorprendentes e divertidos. Descubríndonos, lendas e costumes do camiño, contándonos as aventuras e desventuras da súa peregrinación ata os pés da Berenguela, para entrar pola porta Santa e abrazar o Apóstolo.

Actividade pertencente ao programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.