/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Escape room. Operación Diamante | Concello de Mondariz Balneario

O vindeiro 17 de xuño imos desfrutar do xogo de escape room “Operación Diamante” nos xardíns do Gran Hotel. Para elo imos precisar a un grupo de axentes o suficientemente preparados como para recuperar un diamante de grande valor que  desapareceu. Será un duro traballo pero seguro que o conseguiredes!!

Formaránse equipos para competir con outros na busca do diamante e na resolución de diferentes enigmas nun tempo de unha hora e cuarto. Haberá 25 persoas en cada quenda de xogo para un total de 100 participantes a partir dos 6 anos de idade, podedes facer equipos con amigos, familiares ou con decoñecidos e competir para ver que equipo é o primeiro en resolver o enigma.

Para poder participar é preciso que nos enviedes un correo a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es  e xa nos poñemos en contacto con vós para asignarvos unha quenda ao longo da tarde.

O prazo para anotarse comeza o vindeiro 22 de maio e remata en canto se esgoten as 100 prazas habilitadas. Terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Mondariz-Balneario. Actividade subvencionada pola Deputación de Pontevedra

*En caso de chuvia, esta actividade realizarase na biblioteca