O Concello de Mondariz Balneario informa que entre os días 12 de xullo e 25 de xullo o Instituto Galego de Estatística dirixirase a varias vivendas seleccionadas deste Concello para levar a cabo a operación estatística “Enquisa estrutural a fogares” co obxectivo de reflectir as condicións de vida das familias galegas.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta na que se lles informará do obxectivo da enquisa, os medios facilitados para contestala, a obriga de facilitar eses datos, e de que a información é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico.

Teléfono de información gratuíto: 900 102 104 (horario de 9:00 a 14:00).