Delegado/a de protección de datos

No Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD), disponse que os responsables e encargados de tratamento deberán designar a una persoa delegada de protección de datos (DPD) no suposto de que “o tratamento o leve a cabo unha autoridade ou organismo público”, tanto en calidade de responsable coma en funcións de encargado de tratamento (art. 37.1.a RXPD).

Que responsabilidade ten a persoa delegada de protección de datos e en que lle pode axudar?
Un delegado/a de protección de datos ten que supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais.

Cales son as funcións da persoa delegada de protección de datos?
No RXPD sinálanse entre as funcións da persoa delegada de protección de datos as de:

Informar e asesorar a persoa responsable ou encargada do tratamento e o persoal empregado que se ocupe do tratamento das obrigas que lles incumben, en virtude do RXPD e doutras disposicións de protección de datos da Unión ou dos Estados membros.
Supervisar o cumprimento do disposto no RXPD, doutras disposicións de protección de datos da Unión ou dos Estados membros e das políticas da persoa responsable ou da encargada do tratamento en materia de protección de datos persoais.
Para contactar coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Soutomaior pode empregar o seguinte formulario ou o mail dpd@mondarizbalneario.es .

*

6 + 14 =

PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento: Concello de Catoira

Finalidades do tratamento: tramitar as solicitudes de información e as omunicacións dirixidas á persoa delegada de protección de datos

Lexitimación para o tratamento: consentimento inequívoco da persoa interesada

Destinatarios dos datos: non se prevén

Exercicio de dereitos: as persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revocar o consentimento segundo o previsto en Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:        Protección de datos de carácter personal