/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Conferencia: O Balneario de Mondariz, Ben de Interese Cultural | Concello de Mondariz Balneario

O Balneario de Mondariz, tanto a súa parte monumental (os edificios do balneario, os xardíns, o bosque do Gran Hotel….) como a vila histórica, son merecentes do seu recoñecemento como Ben de Interese Cultural, unha categoría que a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia reserva para os conxuntos monumentais máis sobranceiros do noso país.

Este é o nivel de protección que xa teñen vilas históricas como Tui, Allariz ou Santiago de Compostela, por poñer algúns exemplos. A arquitecta Teresa Nieto expón o vindeiro venres 17, ás 20 h, o criterio técnico do Consello da Cultura Galega a favor desta condición legal para a vila balnearia, que pode axudar a recuperar o patrimonio que se atopa en mal estado de conservación.

A %d blogueros les gusta esto: