Ver imaxe completa

O vindeiro 10 de decembro ás 17.00 horas na biblioteca haberá un concurso infantil de carteis de Nadal, no que poderán participar nenas e nenos ata os 12 anos. O cartaz gañador será o que se utilizará para promocionar o concerto de Nadal organizado polo C.I.T.

Unha vez rematado o concurso, poderemos disfrutar da obra de teatro “O lobo e a lúa” pertencente ao programa de dinamización lingüística Falaredes da Xunta.

Ao remate da obra de teatro, haberá unha chocalatada para a cativada.