O Concello de Mondariz Balneario recibiu da Deputación de Pontevedra subvención pola cantidade de 72.124,74 euros, para a realización da actuación “Gastos correntes do Concello”, no marco do Plan Concellos 2023, Liña 2.

As actuacións subvencionadas que o Concello levará a cabo ao longo do ano 2023 son as seguintes:

Contacontos 423,50 €
Concerto infantil 544,50 €
Escape room 1.200,00 €
San Xoán 484,00 €
Festa de animación infantil 1.082,95 €
Sesión DJ anos 20 484,00 €
Teatro 1.100,00 €
Actuación musical 3.025,00 €
Festival cómico “Comic Fest” 1.936,00 €
Cine de verán 2.613,60 €
Astronomía recreativa 330,00 €
Teatro 1.210,00 €
Obradoiros científicos 514,00 €
Reparación arquivo municipal 9.267,24 €
Conservación e mellora do arborado do Concello 47.909,95 €
TOTAL 72.124,74 €