/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ [COMUNICADO] ACORDO DO PLENO EXTRAORDINARIO DO CONCELLO DE MONDARIZ BALNEARIO | Concello de Mondariz Balneario

Como testemuño da dor do pobo de Mondariz Balneario ante o fatal acontecemento sucedido no día de onte, 3 de outubro, no concerto celebrado nos xardíns do Gran Hotel, no que faleceu unha persoa e outras quedaron feridas pola caída dunha árbore, o Pleno do Concello de Mondariz Balneario adoptou en sesión extraordinaria de 4 de outubro de 2021, por unanimidade dos asistentes, o seguinte ACORDO

PRIMEIRO. Declarar tres días de loito oficial, que comezarán no día de hoxe e se estenderá ata o día 6 de outubro do presente ano, durante os cales as bandeiras, en todos os edificios municipais, ondearán a media asta.

SEGUNDO. Mostrar a condolencia e solidariedade deste Concello e de todos os veciños de Mondariz Balneario á familia da vítima. Mostrar, así mesmo, o apoio do Concello de Mondariz Balneario os feridos desexándolle unha pronta recuperación.

TERCEIRO. Agradecer ás forzas e corpos de seguridade do Estado, ós servizos de emerxencias, protección civil e bombeiros, a súa pronta intervención e a axuda prestada.

CUARTO. Suspender os seguintes actos:

  • Visitas guiadas programadas polos servizos municipais de turismo esta semana do 4 ao 9 de outubro.
  • Actuación “Xogando coas palabras” do Mago Javier Muro prevista para o día 7 de outubro.
A %d blogueros les gusta esto: