/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Circo: “Riscando o ceo”, espectáculo de Circo Chosco | Concello de Mondariz Balneario

“Riscando o ceo” lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias, e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Porque “o esencial é invisible aos ollos, só se ve ben co corazón” (Antoine de Saint-Exupery, O Principiño). Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe no risco e no humor. Un espectáculo de circo que emocionará a todos os públicos a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés.

18 de xullo ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel.

Espectáculo de circo para todos os públicos. En caso de choiva, o espectáculo terá lugar na Sala de Cultura do edificio do Concello. Espectáculo con capacidade limitada. Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia.