O Concello de Mondariz-Balneario en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Vigo, veñen de programar unha charla-coloquio de sensibilización coa que se pretende reflexionar sobre que é o que está a acontecer na sociedade con esta lacra.

Nela, a maiores de incluír información, expoñeranse unhas estatísticas que canto menos resultan abafadoras, e a través da intervención dos asistentes, tentarase resolver as dúbidas que estes poidan ter, así como reflexionar sobre a igualdade e a educación na sociedade de hoxe en día.

 

  • Actividade de balde e para maiores de 18 anos.
  • Terá lugar o vindeiro 25 de xuño ás 19.00 horas na sala de cultura do concello de Mondariz-Balneario, sita na planta baixa.
  • Aforo limitado: Para asistir, será necesario realizar unha inscrición previa enviando un correo electrónico a mondarizbalneario.rbgalicia@eidolocal.es indicando nome, apelidos e un número de teléfono de contacto das persoas asistentes.
  • O prazo para inscribirse comezará o vindeiro 1 de xuño do presente ano e rematará o día 23. A medida que se reciban os correos coa inscrición previa, iranse confirmando as prazas por rigorosa orde de inscrición ate que estas se esgoten.