/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Bono Cultural Novo | Concello de Mondariz Balneario

O Bono Novo Cultural é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos ao longo do ano 2022 para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.

a) Artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais: entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, ata un máximo de 200 euros por persoa beneficiaria.

b) Produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD, ou os coñecidos como Blu-ray, ata un máximo de 100 euros por persoa beneficiaria.

c) Consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, compra de cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (os coñecidos como podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas, ata un máximo de 100 euros por persoa beneficiaria.

O prazo estará aberto ata ás 23:59 horas do 15 de outubro de 2022.

https://bonoculturajoven.gob.es/