O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade para facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.

Contía e duración das axudas

Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.

A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co formulario VI482E.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2022 ou ata esgotar o orzamento.

Máis información no DOG do 30 de xuño de 2022 e en https://igvs.xunta.gal/

A %d blogueros les gusta esto: