axudas destinadas a alumnado matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2022/23, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos de carácter xeral:

Estar matriculado, no curso académico 2022/23, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle falte un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos.

Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da PNC individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, multiplicada por 1,80.

Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Prazo presentación:

a) Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 9 de febreiro de 2023.

b) Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida e, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2023.

axudas causas sobrevidas alumnado UNIVERSITARIO