/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ Avelino González – “Contos de contrabando”, o 24 de xullo ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel | Concello de Mondariz Balneario

Avelino González-“Contos de contrabando”. 24 de xullo ás 20.00h nos Xardíns do Gran Hotel. En caso de chuvia a actividade trasladarase á Sala de Cultura do concello. Entrada libre ate completar a capacidade do espazo habilitado. Espectáculo de narración oral (monólogo) para maiores de 14 anos. Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22, da Xunta de Galicia. Resumo do espectáculo:

Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa. A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Adícanse ós dous a unha actividade comercial sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.

E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación… se o consiguen ou non sábese no final