Creación dunha oficina virtual de asesoramento e orientación para a mocidade que aglutinará os recursos postos a disposición por parte dos distintos departamentos do Goberno autonómico.

Dispoñible na páxina web de Xuventude, terá como principal ferramenta un mapa de recursos que recompilará os programas postos en marcha polos distintos departamentos do Goberno galego para a mocidade en ámbitos como a educación, o emprego, a igualdade, a mobilidade, a vivenda ou o lecer. Ademais, esta oficina conta tamén cunha canle electrónica de asesoramento individualizado para todos os mozos de Galicia.

http://xuventude.xunta.es/oficina-virtual-de-asesoramento-para-a-xuventude