/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ 17 de maio, Día das Letras Galegas: actividade musical de rock para público infantil e familiar | Concello de Mondariz Balneario

Con Pakolas contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións, a narración e as ilustracións, imos saltando a diferentes épocas, dende as cavernas ata o futuro, no que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.