/* Template Name: Imagen Grande Template Post Type: post */ 14 de outubro, nova data para a actuación “Xogando coas palabras” do mago Javier Muro | Concello de Mondariz Balneario

Actividade de dinamización e maxia para todos os públicos.

“Xogando coas palabras” é un espectáculo onde as palabras, os números e as letras escollidas ao azar, van creando o espectáculo. O público será o que faga a maxia, porque sen saber como, realizará o espectáculo e con resultados sorprendentes.

Actividade pertencente ao programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A %d blogueros les gusta esto: