O Concello de Mondariz Balneario coa achega do Pacto de estado contra á violencia de xénero creou unhas bolsas reutilizables co texto “ Eu digo non á violencia contra as mulleres ” coa intención de mostrar o rexeitamento da veciñanza deste concello a violencia de xénero. Durante este mes de novembro se entregarán estas bolsas no Concello a todas as mulleres empadroadas en Mondariz Balneario. Invitamos as veciñas que se acheguen a recollelas e que mostren o seu rexeitamento e unión contra o maltrato. Preténdese que este acto sirva como campaña de visibilización e posicionamento do rexeitamento do Concello de Mondariz Balnerario e a súa veciñanza contra a violencia contra as mulleres.