Os obradoiros do Samaín realizaranse o vindeiro 31 de outubro en horario de 17 a 20 horas, na biblioteca. O número máximo de prazas será de 15 crianzas, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (ambolosdous incluídos). A adxudicación de prazas será por estricta orde de presentación, dando preferencia ás persoas empadroadas neste concello. A folla de inscrición e a documentación requirida deberá entregarse na biblioteca no seu horario habitual. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 14 de outubro e rematará o vindeiro día 29 de outubro ás 20.00 horas. (COLABORA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA)

>> Ver cartaz
>> Ver folla de inscrición