Biblioteca municipal

De martes a venres: de 16:00 a 20:00 | Sábado: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00
Constitución 1, Mondariz Balneario – 36890.Pontevedra.
Telf: 986 656 136
Fax: 986 662 061
Correo  electrónico: oix@mondarizbalneario.es

HORARIO E DATOS DE CONTACTO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE MONDARIZ BALNEARIO

 

 Dende decembro do 1979, Mondariz-Balneario conta cunha Biblioteca Pública Municipal, ocupando esta a metade daplanta baixa do edificio da Casa Consistorial. Cunha superficie total de 90 m2,posúe dúas salas de lectura,sendo unha infantil e a outra de consulta,separadas ambas por unha fila dobre de cinco estantes. 

Estas, xunto cos vintedous estantes dispostos ó longo da biblioteca, permiten a consulta directa dos exemplares dispoñibles, podendo ser consultados nos corenta e catro postos de lectura distribuídos en paralelo ás 5 fiestras orientadas ó Este que ten o local.

 

Con máis de 6000 rexistros informatizados, e 434 socios, a Biblioteca atópase integrada dentro da Rede de Bibliotecas públicas de Galicia, o que lle permite buscar e prestar libros a outros municipios a través dun catálogo común publicado en Internet na dirección: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PBM035.

 

 

 

Automatizada co programa Proxecto Meiga, ofrece ós seus usuarios diversos servizos, como lectura en sala; información e orientación bibliográfica; préstamo a domicilio e interbibliotecario; consulta OPAC; servizo de reproducción de material bibliográfico naqueles exemplares cuxo préstamo non estea permitido e servizo de hemeroteca, podendo consultarse a prensa diaria asi como publicacións periódicas de temática variada, abranguendo campos tan dispares como o mundo do automóbil, a política (tanto provincial como nacional); os deportes; o voluntariado; urbanismo; ou problemática social entre outros. 

Dispón ademais dunha sección dotada de seis ordenadores a disposición dos usuarios para o acceso ás novas tecnoloxías. En concreto, a través destes equipos informáticos os usuarios da biblioteca poden acceder aos programas de software (tratamento de textos, follas de cálculo, deseño, etc.) para a realización dos seus traballos escolares así como acceso a Internet, mediante liña ADSL, que permite que os usuarios desta biblioteca poidan accdeder aos novos recursos de información que ofrecen as novas tecnoloxías. 

A información e exemplares bibliográficos están clasificados co sistema de CDU ( Clasificación Decimal Universal), empregado en todas as bibliotecas públicas estatais, ó tempo que os estantes da sala de lectura infantil posúen unha ordenación dos libros segundo a idade do lector, distinguindo de modo claro catro lectores, os de 3 a 5 anos; os de 6 a 8; de 9 a 11 ;e de 12 a 14 anos. 

A partir desta idade poderán acceder á lectura dos libros da sección xuvenil, localizada esta en estanterías contiguas ás desta sala e tamén dentro da mesma. 

Por último, dicir que na Biblioteca tamén se ofrece un servizo de orientación turística do termo municipal, empregando para iso os trípticos informativos de que dispón, así como do resto da Comarca, da provincia e da Comunidade Autónoma.

Dita orientación non só se limita á indicación a quen nos visita dos lugares de interese histórico-cultural, senón que é máis ampla, facilitando por exemplo itinerarios de sendeirismo; mapas de estradas para os desprazamentos; guías de establecementos de turismo rural e casas con encanto de toda Galicia; guías dos museos galegose de rutas gastronómicas.

A isto, engadir que dispóndunha sección dedicada á información sobre o Camiño de Santiago, na que se podeconsulta-los diferentes itinerarios (o Camiño Francés, o Portugués…) e os monumentos a observar nos lugares de paso, así como toda a información sobre a catedral de Santiago, e que no caso de que non estivera dispoñible a información solicitada sempre, e dun modo gratuíto, poderá extraerse de Internet.