Aviso Legal

 

 

Casa do Concello
Rúa Constitución, 1, 36890 Mondariz-Balneario, Pontevedra.

Teléfono: 986 656 136
Fax: 986 662 061
Coreo electrónico: concello@mondarizbalneario.es

Aviso legal

 

O Concello de Mondariz-Balneario, a través do seu portal Web facilita a información de interese xeral ao pobo de Mondariz-Balneario, en especial, información e xestións propias e de organización municipal. A información publicada é vixente no momento da publicación.
O acceso ao sitio Web https://mondarizbalneario.es atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do usuario, de todas e cada unha das condicións incluídas neste aviso legal. O concello de Mondariz-Balneario non se fai responsable da consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse dese acceso a información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estricto exercizo das súas competencias.
O Concello de Mondariz-Balneario desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e actualizar a información a maior frecuencia posible. Poderá realizar modificacións e actualización, incluso retirar a información contida no seu portal ou na configuración da presentación.
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio Web https://mondarizbalneario.es así como dos os seus contidos pertencen ao Concello de Mondariz-Balneario salvo que se indique unha titularidade diferente. Ningún usuario está autorizado a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso que non sexa o da súa utilización persoal e privada. Tan só se autoriza a utilización dos contidos do dominio anteriormente citado con fins informativos e de servizo, sendo o usuario, o único responsable do mal uso dos mesmos. Queda así prohibida a modificación, compilación ou a utilización comercial de calquera parte da mesma.
Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na Web https://mondarizbalneario.es, son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, xere relación comercial, contractual ou profesional entre os usuarios e o Concello.
Os enlaces que posibiliten o acceso a través do sitio Web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control do Concello, polo que non se fan responsábeis nin da información contida nos mesmos nin de calquera efecto que puidera derivarse de dita información. O motivo da súa inclusión é consideralas de interese público.