Lugares de interese

areas recreativas e espazos naturais

 

 

O Concello de Mondariz Balneario conta cunha ampla oferta de actividades lúdicas e zonas recreativas, todas elas enmarcadas no incomparable marco natural que nos proporciona o río Tea, incluído na Rede Natura 2000.

 

Así, propoñemos a continuación un percorrido ó longo do Paseo de Troncoso, paseo que nos permite realizar unha agradable visita por todo o municipio e ó mesmo tempo acceder ás áreas e espacios dedicados ó ocio que comentaremos a continuación.

 

 

Campo de golf

areas recreativas e espazos naturais

Inicia o paseo o seu camiño no campo de golf, inaugurado a mediados do ano 2000 e que conta con 45 hectáreas. Cun enorme respecto polo espacio natural no que se encontra, este campo ofrécenos obstáculos de auga, bunkers profundos e un rough moi perigoso, así como servicios complementarios, entre os que destacan dúascanchas de prácticas, cafetería, aparcamento, tenda e taquillas nas que garda-lo noso material de golf. A gran calidade dos servicios que oferta é unha realidade palpable no feito de que os fines de semana o seu nivel de ocupación acada o 90%.

 

 Á saída, podemos visita-la Fonte de Troncoso, que se atopa no paseo, claramente recoñecible por encontrarse dentro dun espléndido cenador de ferro, estructura que protexe á fonte e ós auguistas das inclemencias do tempo e que, ademais de ter un alto valor decorativo dada la beleza do seu deseño e decoración, é a clave da súa excelente conservación.

 

A continuación, chegaremos a unha ponte sobre o río Tea que nos leva á praia fluvial de Mondariz Balneario, de area fina e de augas tranquilas, ó estar emprazada nunha zona da canle do río realmente privilexiada debido á ausencia de remuíños e correntes. Nesta zona, contamos con servicios de cafetería e tamén de carácter deportivo, pois hai pistas acondicionadas para a realización de diferentes deportes, como por exemplo fútbol e tenis.

areas recreativas e espazos naturais

 De volta ó paseo, poderemos contemplar a numerosa flora autóctona que se encontra a ambos lados, e entre a que destacan carballos e salgueiros, na súa maioría de máis de 20 anos. O final chegamos ó Hotel Meliá, centro termal do municipio.

 

Xa, para finalizar, dicir que son moitas as actividades que, á marxe do comentado, se poden realizar, como a pesca fluvial, paseos a pe ou en bicicleta por rutas de sendeirismo como a dos Penedos. Tamén se poden realizar actividades hípicas ofrecidas polo Centro Hípico CEMAR, que conta con 42 cabalos fixos e clientes de España e Norte de Portugal, e que ademais de competicións leva a cabo cursos de monta e paseos a cabalo.

 

 

OUTROS ESPACIOS NATURAIS

areas recreativas e espazos naturais

Fonte do Fial: Fonte de auga localizada na parte alta da vila, na saída a Vilasobroso, que constitúe un espacio ideal para toma-lo fresco nos cálidos días estivais

Area de San Pedro: complexo localizado no Bario de San Pedro, a carón do río Xabriña. Trátase dun espacio natural onde poder gozar da tranquilidade que proporciona o murmullo das augas e frescor dun frondoso bosque de ribeira. Nel situase o Dolmen das tres cruces, lugar de rezo na peregrinación ó santuario da Franqueira.

Pistas polideportivas: Localizadas entre o río Tea e o paseo de Troncoso. Nelas pódense practicar varios deportes. Tamén se pode practicar piragüismo, actividade que desenvolve o club de piragüismo Tea.

Praia fluvial: O carón do Paseo de Troncoso e do Río Tea atopase a praia fluvial de Mondariz Balneario.

Senda Verde do regato de Valdecide: Partindo dende a Avenida de Enrique Peinador e ata o Río Tea, discorre a senda verde do regato de Vadecide, pequeno e entrañable paseo onde poder contemplar as saltarinas augas do Tea ou unha perspectiva dos edificios históricos do complexo balneario.

CASTRO DE TROÑA

areas recreativas e espazos naturais

 

Sito na veciña parroquia de Santa María de Pías, o castro de Troña é unha das acrópoles castrexas máis coñecidas de Galicia, e xunto coa de Tecla, das que se atopan en mellor estado de conservación.

Ten forma elíptica, 200 metros no eixe Leste-Oeste e con 120 no Norte-Sur, se ben o seu sistema defensivo é máis elaborado, ó contar con murallas ademais dun foxo. Pero, sen dúbida, o máis destacado deste conxunto son as 30 construccións que alberga, que teñen diversas tipoloxías ( circulares, cadradas, elípticas, rectangulares…).

 

 É este un xacemento rico en restos arqueolóxicos, como por exemplo cerámica, tanto indíxena como romana; muíño, moedas e fíbulas ( broches xeralmente de metal que se usaban para uni-los extremos das capas á altura do ombro, e que dependendo do máis ou menos elaborados que foran indicaban o status social do individuo).

areas recreativas e espazos naturais

Cabe sinalar tamén a existencia de dous petroglifos, ambos con representacións ofídicas.

 Na actualidade, o xacemento é visitable, e o encontraremos na estrada nacional que une Ponteareas con Mondariz aproximadamente 5 Km. antes de chegar a Mondariz Balneario, sinalizado cun indicador co seu nome na marxe dereita da estrada.

CASTELO DE SOBROSO

areas recreativas e espazos naturais

A 57 quilómetros de Pontevedra e nas inmediacións do noso concello, aproximadamente a uns 5 quilómetros, ten o seu emprazamento o castelo-fortaleza de Vilasobroso, que dende o alto do monte Landín permite a contemplación de diversos municipios da nosa comarca.

Chegar a el resulta sinxelo, tanto dende o noso municipio, pois contamos con indicadores dende a nosa Casa Consistorial, como dende a estrada (non a autovía) que leva de Ponteareas á Cañiza, xa que a 6 quilómetros, en Vilasobroso, atoparemos paneis informativos moi claros que nos amosan a súa localización.

 

O seu horario de visitas é de 10h. a 13h. e de 16h. a 19h. tódolos días da semana exceptuando os luns, o que pode confirmarse chamando ó teléfono 986 65 43 05.

Conta con aula de natureza e parque forestal.

 

Unha vez nel, atoparémonos nun castelo cheo de historia, historia cuxa orixe remóntase ó século IX, cando Bermudo II se refuxiou nel durante a batalla de Portela Arenaria (hoxe Vilasobroso) entre os seus partidarios e as tropas de Ramiro II, rei de León.

 

En tempos de Afonso V foi conquistado e saqueado por Almanzor, e posteriormente, no ano 1095, os Condes de Galicia, dona Urraca e don Raimundo de Borgoña, concederon o señorío de Sobroso ó bispo de Tui, Aderico.

 

Ó máis curioso é que a propia dona Urraca foi recluída neste castelo polos nobres galegos tralo seu segundo matrimonio con Afonso I de Aragón, logrando fuxir por un pasadizo ata o río Tea.

Á morte da raíña, os nobres galegos proclamaron rei de Galicia no Sobroso ó seu fillo Afonso, que pasou á historia coma o emperador Afonso VII, tras ser coroado no ano 1135.

 

areas recreativas e espazos naturais

 

Sen embargo, non foi ata o ano 1396 cando este señorío encabezou un título de marquesado, xa que don Xoan I de Castela concedeu a xurisdicción a don Pedro Ruiz Sarmiento, señor de Ribadavia, pasando a se-lo castelo cabeza e señorío do condado de Salvaterra.

 

Nesta época é cando se converteu nunha inexpugnable fortaleza. No século XV o castelo de Sobroso foi destruído polos Irmandiños, debéndose a súa configuración actual á reconstrucción ordenada por don Diego García Sarmiento.

 

A causa da rivalidade dos Sarmiento cos Soutomaior, sufriu o asedio de Pedro Álvarez de Soutomaior, Conde de Camiña, máis coñecido como Pedro Madruga, que dende a veciña Picaraña sitiou a fortaleza con 5.000 soldados de infantería e 1.000 de cabalería.

 

Finalmente tivo que retirarse sen conseguir conquista-la fortaleza.

No ano 1613 Felipe III nomeou conde de Salvaterra a Diego Sarmiento de Soutomaior, Señor de Sobroso e Mendoza, e doce anos despois Felipe IV outorgou os Sarmiento el título de Marqueses de Vilasobroso.

 

areas recreativas e espazos naturaisAta o século XVIII foi cabeza dunha ampla xurisdicción, pero posteriormente perdeu o seu papel defensivo e caeu en abandono, ata que no ano 1923 o adquiriu Alexo Carrera Muñoz e o restaurou coa súa propia fortuna.

No año 1981 o adquiriu o Concello de Ponteareas para dedicalo a museo etnográfico e parque natural.

A súa construcción é a propia dun castelo-fortaleza, con fortes muros e tres corpos diferenciados.

Dous estarían destiñados a habitacións e salóns, sendo o restante a Torre de Homenaxe, localizada na zona máis elevada do terreo e de planta rectangular, con muros grosos e coroada por almenas e unha garita defensiva en cada esquina.

A isto, engadir que o castelo conta con dous niveis, dispoñendo na planta superior dun adarve (corredoira de ronda) polo que poderemos pasear.

 Por último, cabe sinalar por ser digna de mención a porta de honra do castelo, presidida polo escudo de armas dos Sarmiento e o dos Valladares, historicamente emparentados, así como todo o mobiliario e as armaduras de época que poderemos observar no seu interior, o que o converte en parada máis que obrigada para aqueles que se acheguen a noso municipio.

 

A PONTE DE CERNADELA

areas recreativas e espazos naturaisA cabalo entre Mondariz e Mondariz Balneario, atópase a Ponte de Cernadela.

Esta, é unha importante construcción de pedra que ten a súa orixe na época romana, se ben as reformas que co paso do tempo se fixeron nel apenas nos permiten hoxe en día percibir vestixios do seu primitivo pasado imperial, pois parece ser que por el transcorría unha importante vía romana, a XVIII do itinerario de Antonino Pío que abarcaba de Brácara ( a actual Braga) a Astúrica, feito este que foi deducido, entre outros indicios, a partires da aparición no 1958 dunha estela antropomórfica, dúas lanzas de ferro e restos de cerámica romana.

 A súa construcción actual é do século XV, con reformas posteriores do século XVII e XVIII, e os seus cinco arcos, todos de estilo oxival salvo o central, que é de medio punto, serven de paso sobre o río Tea, comunicando Mondariz Balneario cos barrios de Ceo, da parroquia de Mondariz, e o de Cernadela, que pertence a Riofrío, e a ambos lados da ponte podemos observar dúas edificacións antigas que servían de pousada ós “calexóns” ou “carrilanos” que cruzaban coas súas carruaxes de cabalos esta ponte.